Para @s de 5º, facede clic AQUÍ!
Tedes que continuar coa lectura do documento utilizando a técnica de "Lectura Compartida". É unha actividade lenta, si se fai ben, pois necesita de lecturas, exposicións, resumos, palabras clave, diálogo, consenso, asegurarse de que tod@s entenden... polo que esta actividade debería ocupar, cando menos, toda a sesión. Si leva menos, non estará ben feita, polo que non serviría de nada e o traballo que se faga a partir de aquí sería malo, e xa sabedes, un mal traballo conleva unha mala nota.
Unha vez que rematastes de traballar o documento adecuadamente coa técnica de "lectura Compartida" e unha vez que tod@s no equipo o entenderades, o que tedes que facer é un esquema na libreta a doble páxina sobre ese documento, utilizando a técnica de "Visual Thinking". Xa fixemos máis esquemas deste xeito, lembrade: as frechas, os debuxos, as cores... todo ten un significado, non é decorar por decorar!
Para @s de 6º, facede clic AQUÍ!
O documento que acabades de abrir tédelo que traballar utilizando a técnica de "Lectura Compartida". É unha actividade lenta, si se fai ben, pois necesita de lecturas, exposicións, resumos, palabras clave, diálogo, consenso, asegurarse de que tod@s entenden... polo que esta actividade debería ocupar, cando menos, toda a sesión. Si leva menos, non estará ben feita, polo que non serviría de nada e o traballo que se faga a partir de aquí sería malo, e xa sabedes, un mal traballo conleva unha mala nota.